EDIFICIO Colecc. RAFAEL SEOANE CASTROS-ROMA IDADE MEDIA ESCUDOS & BANDEIRAS ALCALDES
APOSTOLADO MEDALLAS TRAXE &
Ballet REY de VIANA
Colecc. JIMÉNEZ-COSSÍO OFICIOS ESCOLAS
MAPAS & PLANOS FESTAS RELOXO de TORRE FJ MARTÍNEZ SANTISO TEMPOS MODERNOS BIBLIOGRAFÍA
ARQUIVO MUNICIPAL DE BETANZOS BIBLIOTECA VIRTUAL DE BETANZOS HEMEROTECA VIRTUAL DE BETANZOS ANUARIO BRIGANTINO  

IDADE MEDIA

Museo das Mariñas, corredor baixo leste.
Museo das Mariñas, corredor baixo leste. Aximez do entorno da igrexa e mosteiro desaparecido de San Francisco. Sepulcro de Espenuca (s. XII).
Sepulcro de Sancha Rodríguez, primeira esposa de Fernán Pérez de Andrade (s. XIV). Estas pezas, que sufriron moitos avatares, proceden da igrexa de San Francisco.

 

Probable médico do s. XIV, que copia unha moda de prestixio do s. XIII (baleirado). Orixinal na igrexa de San Francisco de Betanzos. Cor hipotética: Alfredo Erias. Lauda sepulcral de cabaleiro, similar ao Aras Pardo da igrexa de San Francisco e, polo tanto, de arredor de 1400. Lauda sepulcral de Nuno Freire de Andrade, probable Mestre de Christus en Portugal (s. XIV). Procede, xunto con esta cabeza (doutro tipo de pedra, pero non necesariamente doutro sepulcro), da igrexa de San Francisco de Betanzos.

 

Fernán Pérez de Andrade "o mozo", o seu fillo Diego de Andrade (os dous na igrexa mosteiral de Monfero, s. XV) e o fillo deste, Fernando de Andrade (igrexa de Santiago de Pontedeume, s. XVI). Baleirados. Cromatismo: Alfredo Erias. ... A[LONS]O IANEYRO JURADO D[E] BETA[N]ÇOS (s. XIV-XV).

 

Lauda sepulcral do cabaleiro GUNÇALVO RODRIGES (1462).  
Sepulcro de Afonso de Carvallido, "alcalde de hermandad" na guerra irmandiña de 1467-69. Sepulcro de Clara Sanches, esposa do líder irmandiño, Afonso de Carvallido (anos 70 do s. XV).

Afonso de Carvallido (anos 70 do s. XV), "mercador" e única imaxe dun líder burgués galego do último levantamento irmandiño (1467-69).

Clara Sanches, esposa de Afonso de Carvallido (anos 70 do s. XV).
Anaco de lauda sepulcral máis antiga de Betanzos (1305) e a única coñecida con lenda en latín. Procede do entorno de San Francisco.   Anaco de lauda co apelido MARTÍS (s. XIV). Procede do entorno de San Francisco. Anaco de lauda  (s. XIV). Procede do entorno de San Francisco. Lauda sepulcral destrozada do entorno de San Francisco (s. XIV). [... MOLLE]R DE SANTIAGO DO VABIO. Procede do entorno de San Francisco (s. XV).
[... N]OTARIO DESTA CIBDAD (s. XIV-XV).  Procede do entorno de San Francisco. Bispo (ss. XIV-XV). Procede da igrexa mosteiral de San Francisco.

 

Sacerdote procedente da igrexa de Santa María do Azougue. Atopouse fóra da igrexa, xunto co matrimonio irmandiño (primeiras décadas do s.XVI).

 

Anaco de lauda sepulcral con cruz patada do convento de Santo Domingo (s. XVI-XVII). Cabeza de león soporte dun sepulcro (s. XIV). Procede do entorno de San Francisco.

Barco "cog" nórdico da igrexa de Santa María do Azougue (Betanzos, s. XIV). Debuxo no Museo das Mariñas de Alfredo Erias.

Santiago Peregrino do destruído mosteiro de San Francisco. É do s. XIV, pero sigue modelos do XIII (Cantigas de Alfonso X). Cara dunha ménsula de San Francisco (s. XIV). Pedra sepulcral coa lenda S DE GRIGORIO DE. Procede do entorno de San Francisco.

 

Virxe da Anunciación nunha columna pareada do desaparecido mosteiro de San Francisco (s. XIV). Anaco de basa e columna pareada do desaparecido mosteiro de San Francisco (s. XIV).

 

Basas de columnas pareadas do desaparecido mosteiro de San Francisco de Betanzos (s. XIV). Basa de columna do entorno de San Francisco (s. XIV-XV). Probable símbolo templario na porta occidental de San Francisco (baleirado). Pedra con volutas, probablemente orixinaria do entorno de San Francisco. Capitel de portada, procedente do entorno da igrexa e mosteiro desaparecido de San Francisco.
Basas de columnas pareadas do desaparecido mosteiro de San Francisco de Betanzos (s. XIV). Cara que bota auga pola boca.
Capiteis de columnas pareadas do desaparecido mosteiro de San Francisco de Betanzos (s. XIV).
Dovelas de arcos do desaparecido mosteiro de San Francisco de Betanzos (s. XIV). Lauda funeraria nazarí (baleirado da orixinal) dun tío do rei Boabdil (s. XV).
 
Claves de bóveda cos temas da Árbore da Vida e do Sol antropomórfico. Pedra con porco e unha letra "D" (ou "DE") atopada cerca da Ponte do Porco (Miño) por don Rafael Seoane e don Pablo Cancelo, que a doaron ao Museo Ánfora baixomedieval atopada na Ría de Betanzos, cerca da Ponte do Pedrido, por don Eloi Fandiño Cordal quen a depositou no Museo.  

INICIO

BIBLIOGRAFÍA

ALONSO ROMERO, Fernando (1983): La embarcación de Santa María do Azougue (Betanzos). Anuario Brigantino, nº 6, pp. 11-16.

COLÓN ALONSO, Marta (2010): "Proyecto de Cárcel en el ex-convento de San Francisco de Betanzos". Anuario Brigantino, nº 33, pp. 359-376.

COLÓN ALONSO, Marta (2011): "Reconstrucción infográfica del convento de San Francisco de Betanzos (s. XIV-XVII)". Anuario Brigantino, nº 34, pp. 401-458.

COLÓN ALONSO, Marta (2012): Transformaciones históricas en el convento de San Francisco de Betanzos, siglos XIV al XX. Universidade da Coruña.

COLÓN ALONSO, Marta; FRAGA, Fernando (2013): "La alta burguesía brigantina vuelve al convento franciscano". Anuario Brigantino, nº 36, pp. 411-426.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (1984): “”Afonso de Carvallido”: un “mercador” betanceiro do s. XV cabecilla dos irmandiños”. Anuario Brigantino, nº 7, pp. 14-18.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (1988): “Xente da Baixa Idade Media (II)”. Anuario Brigantino, nº 11, pp. 141-162.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (1991): “Xente da Idade Media (III): Sancha Rodríguez, muller de Andrade e Nuño Freire, Mestre de Christus”. Anuario Brigantino, nº 14, pp. 185-222.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (1992): “Xente da Baixa Idade Media (IV): Un Santiago Pelegrín, notarios, xurados e outros máis de Betanzos”. Anuario Brigantino, nº 15, pp. 205-222.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (1996): “Sorpresa no Pasatempo de Betanzos: aparece unha lauda sepulcral do s. XV”. Anuario Brigantino, nº 19, pp. 249-250.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo;  VEIGA FERREIRA, José María (2002): “Betanzos y su provincia en la época del Emperador Carlos V”. Anuario Brigantino, nº 25, pp. 181-260.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (2008): “Betanzos pedagóxico”. Anuario Brigantino, nº 31, pp. 529-552.

ERIAS MARTÍNEZ, Alfredo (2012): “Museo das Mariñas (de Betanzos) (II): Capiteis do destruido «moesteiro» de San Francisco e outros restos do desastre”. Anuario Brigantino, nº 35, pp. 349-382.

VEIGA FERREIRA, Xosé María e SOBRINO CEBALLOS, Juan (2012): “Espenuca: inscrición, edificios e lugares máxicos”. Anuario Brigantino, nº 35, pp. 59-98.