EDIFICIO Colecc. RAFAEL SEOANE CASTROS-ROMA IDADE MEDIA ESCUDOS & BANDEIRAS ALCALDES
APOSTOLADO MEDALLAS TRAXE &
Ballet REY de VIANA
Colecc. JIMÉNEZ-COSSÍO OFICIOS ESCOLAS
MAPAS & PLANOS FESTAS RELOXO de TORRE FJ MARTÍNEZ SANTISO TEMPOS MODERNOS BIBLIOGRAFÍA
ARQUIVO MUNICIPAL DE BETANZOS BIBLIOTECA VIRTUAL DE BETANZOS HEMEROTECA VIRTUAL DE BETANZOS ANUARIO BRIGANTINO  

TRAXE & BALLET  REY  DE  VIANA

7  DOCUMENTAIS  ENCADEADOS  DO  BALLET  REY  DE  VIANA
Vistas da Sala do Traxe e do Ballet Rey de Viana. Traxe de voda (1834) de dona Dolores Quiroga, esposa do alcalde de Betanzos don Juan María Ramos Chas. Depósito de dona María Álvarez Crespo. Traxe de festa (arredor de 1830-1840) de dona Dolores Quiroga, esposa do alcalde de Betanzos don Juan María Ramos Chas. Depósito de dona María Álvarez Crespo.
Colcha de serón ou berce de recén nado (1835-1840). Pertenceu a dona Dolores Quiroga, esposa do alcalde de Betanzos don Juan María Ramos Chas. Depósito de dona María Álvarez Crespo. Traxe de paseo de señora brigantina. Presenta levita con pasamanería de tracición barroca,
colocada á man (s. XVIII-XIX).
Depósito da Familia Vázquez-Camino.
Traxe de paseo de señora brigantina. Presenta chaleco recamado en azabache sobre blusa e falda de cola, adornada con volantes (s. XIX). Depósito da Familia Vázquez-Camino.
Detalles anterior e posterior do traxe de paseo de señora brigantina. Presenta chaleco recamado en azabache sobre blusa e falda de cola, adornada con volantes (s. XIX). Depósito da Familia Vázquez-Camino. Abano do s. XIX. Depósito da Familia Vázquez-Camino. Mantón que regalou don Pascual Veiga, autor de "Alborada gallega" a dona Ángela Fernández a comezos do s. XX. Depósito da Familia Vázquez-Camino. Refaixo. Depósito da Familia Vázquez-Camino.
Sombrilla do s. XIX con puño de nácar, remate de prata e monedeiro. É de seda envolta en paño da época. Depósito da Familia Vázquez-Camino. Sombrilla das primeiras décadas do s. XIX de estilo Art Nouveau con puño e remates de prata. Depósito da Familia Vázquez-Camino. Gaiteiro. Debuxo do s. XIX. Autor anónimo do entorno de Francisco Javier Martínez Santiso.
Traxe feminino das Mariñas coruñesas. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxe masculino das Mariñas coruñesas. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña.
Traxe mariñán de Betanzos. Procede da tataravoa de don José Ángel Vázquez (o seu esposo tiña 42 anos no 1762).
Depósito da Familia Vázquez-Camino.
Aderezos ou xoias tradicionais galegas doadas pola Familia Gundín-Hurtado. Pendentes de prata dourada que pertenceron a dona Generosa García Romero, que os levou o día da súa voda en Comoxo (Noia), arredor de 1880. Segundo tradición familiar, están feitos coa técnica da filigrana portuguesa. Depósito da súa tataraneta, dona Mª Eugenia Couceiro Laíño.
Traxe mariñán de Betanzos (s. XIX).
Depósito da Familia Vázquez-Camino.
Traxe de gala da comarca de Tui. É antigo (s. XIX), aínda que proceda do Ballet Rey de Viana.
Depósito da Deputación Provincial da Coruña.
Roupa, un saco, etc. de liño. Ballet Rey de Viana. Distintas pezas dun traxe mariñán de Betanzos (s. XIX) que pertenceu a dona Matilde "A Torreira". Bibliografía: NÚÑEZ LENDOIRO, José R. (1985): "Un traxe mariñán". Untia, Boletín do Seminario de Estudios Mariñáns, nº 1. Traxe de peregrino xacobeo. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña.

Traxe de galega doado pola Asociación de Amas de Casa de Betanzos

Parella da comarca de Muros (A Coruña). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña.
Parella da comarca de Lérez (Pontevedra). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña.   Traxe de galega. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Parella das Encrobas (A Coruña). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxe de víuva da comarca de Chantada (Lugo). E traxe das Encrobas (A Coruña). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. No medio, coroza de xunco doada por don José Couto Vía. Parella de campesiños composteláns. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña.
Parella con traxe de gala da provincia de Pontevedra. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxe de galega e traxe de festa da cidade de Vigo. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Parella con traxe de gala daparroquia de Lavadores (Vigo). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxes das danzas de labradores e de mariñeiros (ou mareantes) de Betanzos. Traxe da comarca de Leiro (Ourense. Parella de Nogueira de Ramuín (Ourense). O dela é do s. XIX). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. 
Traxe de cigarrón de Verín (Ourense). E traxe da comarca de Boborás (Ourense). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Parella da comarca de Vilalba (Lugo). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxe da comarca da Coruña e traxe da comarca de Bergantiños (A Coruña). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Parella da comarca de Chantada (Lugo). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxe de labradora de Betanzos. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña.
O espantallo e a súa parella. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Parella da Costa da Morte. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. Traxe de muller da Terrachá (Lugo) e traxe de home da comarca de Chantada (Lugo). Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. raxe de muller da Terrachá (Lugo). E traxe de canteiro. Ballet Rey de Viana. Depósito da Deputación Provincial da Coruña. "Teja" de crego administrador (s. XVII-XIX). Estaba, xunto a outra en peor estado, cos papeis do arquivo do Hospital de san Antonio de Padua, de Betanzos. 
Vestimentas de crego da capela do Hospital de
san Antonio de Padua de Betanzos.
Á esquerda, traxe de coronel de Infantería do betanceiro D. Lisardo Lissarrague Molezúm, que participou na guerra de África.
Á dereita, uniforme de gala do corpo consular que pertenceu ó betanceiro D. Antolín Pita Caramés, consul no norte de África a finais do século XIX. Doación dos seus herdeiros, os irmáns Pita Lissarrague.
Maceiro (s. XIX) do Concello de Betanzos. Traxe de alguacilillo (século XIX) que sae nas procesións do Concello de Betanzos e que remite a un oficio de orde pública do século XVI.
     
  Zocas das Mariñas de Betanzos.  

INICIO

BIBLIOGRAFÍA

CORTÓN, Carlos (2010): Yo pertenecí al Ballet Gallego”. Anuario Brigantino, nº 33, pp. 509-514.